Investigan como actos terroristas o atropelo de Nova Orleans e a explosión dun Tesla fronte ao Hotel Trump nas Vegas
Investigan como actos terroristas o atropelo de Nova Orleans e a explosión dun Tesla fronte ao Hotel Trump nas Vegas
Investigan como actos terroristas o atropelo de Nova Orleans e a explosión dun Tesla fronte ao Hotel Trump nas Vegas
Horas despois do atropelo con 15 mortos, un vehículo Tesla explotou fronte ao Trump Hotel das Vegas causando un morto e sete feridos
O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, anunciou este mércores que as autoridades investigan unha posible conexión entre o atropelo masivo en Nova Orleáns e a explosión dun vehículo nas Vegas.
"Non hai nada que informar respecto diso neste momento", dixo Biden nunha comparecencia desde Camp David.
Polo menos 15 persoas morreron no atropelo ocorrido na madrugada de Aninovo no centro de Nova Orleáns, segundo o último reporte da Oficina Forense.
As autoridades identificaron a Shamsud-Din Bahar Jabbar, de 42 anos e nacionalidade estadounidense, como o autor do ataque que ocorreu as tres da mañá en plenos festexos de Aninovo.
Biden explicou na comparecencia que Jabbar publicara un vídeo en redes sociais no que expresaba a súa inspiración polo Estado Islámico (EI) e manifestaba un "desexo de matar" . Ademais na furgoneta levaba un bandeira do ISIS, armas e explosivos
As autoridades sospeitan que non actuou só.
Horas despois do atropelo, un vehículo Tesla explotou fronte ao Trump Hotel daas Vegas, un incidente que as autoridades investigan agora como un posible acto terrorista.
Tanto Jabbar como o condutor do vehículo nas Vegas, cuxa identidade aínda se descoñece, están mortos.
Na explosión, ocorrida ás 08:40 hora local morreu o condutor do vehículo e sete persoas quedaron feridas. O vehículo en cuestión, un Cybertruck de Tesla, aparcara na zona de servizo do Trump Hotel e acto seguido explotou sen que se coñezan aínda as causas.
Unha fonte citada por ABC News indicou que o vehículo levaba no seu interior "unha carga de morteiros tipo fogos artificiais". Os investigadores céntranse agora en determinar se o condutor tiña intención de provocar unha explosión e o posible motivo.