Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Craega fomenta a innovación e a colaboración entre axentes do sector ecolóxico

O Craega fomenta a innovación e a colaboración entre axentes do sector ecolóxico

Organizan dúas xornadas de debate en Santiago no Foro Ecogastronómico de Galicia

O selo do Craega é un dos 38 selos de calidade alimentaria de Galicia

G24.gal 09/04/2025 15:00

O Foro Ecogastronómico de Galicia reune durante dúas xornadas en Santiago a axentes do sector das producións ecolóxicas. O evento organizado polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia quere fomentar o debate, a innovación e a colaboración entre profesionais para seguir impulsando un modelo alimentario máis sostible, saudable e de calidade. 

Na inauguración do foro que conta co apoio da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Agacal, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez Rodríguez, destacou o valor das acreditacións do Craega. Con este selo, xunto coas Denominacións de Orixe, as Indicacións Xeográficas Protexidas e o de Artesanía alimentaria son xa os 38 selos de calidade que avalan as producións alimentarias de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade