Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medio Rural inicia pagos de “destilación de crise” aos viticultores de Ribeira Sacra

Medio Rural inicia pagos de “destilación de crise” aos viticultores de Ribeira Sacra

Foi destilado viño procedente de 15 adegas, por un valor total que se achega a 350.000 euros

O alcol obtido empregarase para o seu uso industrial

G24.gal 28/01/2025 16:53

A Consellería do Medio Rural informou de que xa iniciou os esperados pagos das axudas para a destilación de crise ás adegas amparadas pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra como resposta aos excedentes de viño tinto.

En total, foi destilado viño procedente de 15 adegas, por un valor total que se achega a 350.000 euros.

O alcol obtido empregarase para o seu uso industrial, polo tanto, non será apto para alimentación, segundo informou Medio Rural nun comunicado.

A destilación de crise, que foi aprobada pola Comisión Europea e financiada con fondos propios da Xunta, é unha medida extraordinaria solicitada para a Denominación de Orixe Ribeira Sacra “co obxectivo de rebaixar o stock de viño almacenado polas adegas con problemas de excedentes”.

Búscase “darlle saída a ese produto de varias campañas sen distorsionar o mercado, tanto en cantidade como en prezo”.

Esta actuación enmárcase dentro do paquete de medidas adoptadas polo goberno da Xunta no pasado ano para darlle resposta “á situación de crise de excedentes como consecuencia do descenso xeneralizado do consumo de viño tinto”.

Con respecto ás achegas para conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra, que están dotadas con 2 millóns de euros, os interesados en solicitalas teñen de prazo ata o próximo día 30 de xaneiro para facelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade