Publicador de contidos
Publicador de contidos

A praia das Catedrais é a mellor valorada de España

A praia das Catedrais é a mellor valorada de España

Volve liderar esta clasificación e é unha da máis populares da Rede

Unha 300.000 persoas visitan este monumento natural cada ano atraídos polas súas formacións rochosas, covas e pasadizos

G24.gal 13/01/2025 14:39

Día perfecto neste luns de xaneiro para visitar As Catedrais e ver o areal no seu estado máis puro, sen aglomeracións e sen restricións. "Non hai xente, podes facer fotos"; di unha rapaza. "Hoxe moi tranquilo, non hai moitos turistas", comenta unha muller.

Facía falta o abrigo pero houbo quen non quixo marchar sen sentir a auga nos pés. "Moi bonita, non hai nada parecido en España nin en outras partes do mundo", di un turista.

Un paraíso onde algúns lles gusta volver sempre que poden. "Para min é o meu sitio, eu veño de Salamanca e aquí encóntrome no meu sitio"; asegura unha muller, outra moza di "Veño de Canarias e a segunda vez e cada vez a vexo máis bonita".

Todos atraídos pola beleza deste monumento natural. "Poder pasear polas súas covas e pasadizos é distinta a todas as demais", di un mozo.

Por iso segue liderar a listaxe dos areais máis valorados de España. "E para estar, todo o mundo tería que vir unha vez na vida", di un home.

Cada ano visitan As Catedrais 300.000 persoas. "Vimos visitar a praia máis bonita de España", asegura unha muller.

Hoxe había xente de Rusia, Inglaterra, Mallorca, Salamanca e Asturias porque tamén é a praia máis popular en Internet.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade