Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian a desparición dunha vaca dunha explotación en Gondomar

Denuncian a desparición dunha vaca dunha explotación en Gondomar

Os propietarios, gandeiros da parroquia de Prado, bótana en falta desde o 26 de decembro pola noite, intre en que o gps rexistra movementos estraños do rabaño

Desbotan causas naturais porque non ha ningún rastro nin pegadas na contorna e cren que foi roubada por alguén que coñecía o animal

G24.gal 14/01/2025 20:49 Última actualización 14/01/2025 21:06

No momento da desaparición, o pasado 26 de decembro, a vaca estaba xunto ás outras oito que conforman a pequena facenda dunha familia de Prado. Unha das reses ten instalado un GPS no colar. Os seus últimos movementos, rexistrados pola aplicación que monitoriza o rabaño, dan idea dun comportamento estraño. Eran as cinco e media da madrugada.

"Foron movementos contínuos, de cinco metros para adiante e para atrás, sen apenas moverse do sitio. Sí que nos dá que a vaca tiña os latidos do corazón acelerados, como que algo estraño estaba sucedendo para que a vaca que leva o gps estivese tan nerviosa", sinala Natalie González, que rexenta co seu marido unha pequena explotación de vacún na parroquia de Prado.

Hai catro anos que os gandeiros mercaron a Gancholera. Custoulles tres mil euros. A vaca sairía de contas o vindeiro mes. Desbótase unha desaparición por causa naturais.

"Está preñada de oito meses, tiña que parir o tres de febreiro. Non é o valor económico, senon o valor sentimental. Estamos con ela todo o día e tiñámoslle moito cariño", láiase Natalie.

O misterio envolve este caso, xa que non hai pegadas nin testemuñas nin rastro algún do rapto dun animal que pesa cae 700 quilos. As sospeitas céntranse no roubo por alguén que coñece a vaca. "

É unha vaca mansa, pero nerviosa con quen non coñece. Foi o único día que quedaron fóra, laentablemente, así que desconfiamos que foi alguén que nos coñece a nós e que coñece a vaca", asegura Natalie, que denunciou os feitos ante a garda civil de Gondomar.

Os gandeiros piden a colaboración cidadá para atopar a Gancholera, para que volva aos tranquilos pastos de Vilas, no monte Galiñeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade