Rescatados de noite en pleno monte en Gondomar
Rescatados de noite en pleno monte en Gondomar
Rescataron unha familia con dous menores no monte Galiñeiro
Perdéranse nunha zona de bastante matogueira
Gozaban dun tranquilo paseo por este monte Galiñeiro pero atrapounos a noite e acabaron sendo rescatados pola Garda Civil. Pero ata aquí tamén se desprazaron o GES do Val Miñor e a policía local.
Aínda que non precisaron asistencia sanitaria, quedaron cun bo susto que tardarán en esquecer. De feito, este monte é un lugar moi frecuentado por sendeiristas e a súa orografía mudou moito dende os incendios de hai sete anos.
Por iso cómpre ter en conta sempre unha serie de recomendacións á hora de adentrarnos no monte. Levar lanterna, se é a do móbil cómpre saber se temos bastante batería. Levar o noso teléfono coa localización na que estamos e moi importante, levar calzado cómodo e roupa ben visible. Non é o mesmo un rescate a plena luz do día que cando comeza a remitir a luz.
Precisamente a localización móbil dada por un dos adultos facilitou o seu rescate, que durou case dúas horas. Precisamente neste monte hai quince días o helicóptero pesca un rescatou un sendeirista que quedou ferido tras unha caída.