Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un mozo gandeiro de Foz pon en marcha unha orixinal campaña na procura de terreos

Un mozo gandeiro de Foz pon en marcha unha orixinal campaña na procura de terreos

Nos letreiros reza o lema "Gandería Os Carrís cóidache das terras"

Detalle do cartel nun dos terreos coidados pola gandería
Félix Aragunde 13/01/2025 20:18 Última actualización 13/01/2025 20:23

"Gandería Os Carrís cóidache das terras". Esta é a mensaxe que figura nos carteis colocados por un mozo de Foz que busca parcelas para o seu gando.

A pesar de que só ten 23 anos, nos últimos cinco multiplicou por catro o número de reses que ten ao seu cargo, polo que precisa máis terreos.

Antonio Gómez Goás, gandeiro: "Saíu a idea de poñer uns carteis nas terras onde tiñamos animais e pareceunos simpático. Queriamos conseguir máis terreo para aumentar a gandería. E así saben tamén de quen son os animais, por se xorde un imprevisto".

O caso é que esta orixinal campaña funcionou, posto que o mozo xa conseguiu arrendar varias parcelas cuns 4.000 metros cadrados de superficie para as súas 80 cabezas de gando. Trátase de 60 vacas de raza rubia galega e mais unha vintena de bestas.

Antonio Gómez Goás, gandeiro: "Está funcionando moi ben. Recibín chamadas, fomos ver parcelas e houbo algunhas que nos interesaron e que collemos. En breve, estarán os nosos animais alí".

Con tan boa aceptación, mentres a súa gandería segue indo a máis, este mozo focego comprométese a manter en bo estado as terras arrendadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade