Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un tren descarrila en Foz, tras atropelar dous cabalos, sen causar danos persoais

Un tren descarrila en Foz, tras atropelar dous cabalos, sen causar danos persoais

No convoi, que cubría o traxecto entre Ribadeo e Ferrol, só viaxaban o maquinista e o interventor

G24.gal 28/12/2024 09:35 Última actualización 28/12/2024 19:48

Un tren de pasaxe descarrilou esta mañá en Foz tras atropelar dous cabalos á altura de Vilaronte. No momento do accidente, só viaxaban o maquinista e o interventor e non se rexistraron danos persoais. Os animais morreron no sinistro.

O convoi cubría o traxecto entre Ribadeo e Ferrol e a liña ferroviaria quedou cortada polo que se habilitou un transporte alternativo por estrada.

Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias, o persoal de Renfe contactou co 112 ás 7:40 horas e arestora tentan restablecer a circulación canto antes. 

Os cabalos eran dun veciño de Vilacendoi, unha parroquia situada a sete quilómetros de distancia. O dono cre que os animais fuxían dalgún perigo.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil, persoal de ADIF, bombeiros de Barreiros, membros do GES de Cervo e voluntariado de Protección Civil de Foz.

A veciñanza asegura que os trens de FEVE teñen atropelado outros animais na zona, xa que as vías non teñen ningún tipo de peche na maior parte do seu percorrido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos