Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Mazón apela á lealdade institucional e á colaboración entre partidos para recuperar Valencia tras a dina

Carlos Mazón apela á lealdade institucional e á colaboración entre partidos para recuperar Valencia tras a dina

A maioría dos presidentes autonómicos chamaron á unidade e a acabar coa crispación política nas súas mensaxes de ano novo

G24.gal 31/12/2024 19:21 Última actualización 31/12/2024 19:38

De loito rigoroso e cunha primeira mención ás vítimas, o presidente valenciano apleou á lealdade institucional e á colaboración entre partidos para recuperar Valencia tras a dina.

"A colaboración entre todas as forzas políticas é imprescindible. Non podemos permitirnos o luxo da división cando o que precisamos é unirnos para reconstruír Valencia, di Carlos Mazón.

Chamamento á unidade que reiterou o presidente de Castela-A Mancha. García-Page apelou ao espírito da Transición para afrontar 2025.

"Hai que abandonar o frontismo e o populismo que ás veces está instalado nas propias institucións. Hai que deixar atrás esta crispación delirante", di.

Tamén o lehendakari vasco instou a loitar contra o populismo, dirixíndose especialmente á mocidade na súa primeira mensaxe como presidente.

"Non vos deixedes enganar por mensaxes populistas que non din a verdade", di Imanol Pradales.

O presidente andaluz presumiu de estabilidade política.

"O noso obxectivo é manter Andalucía á marxe do ruído e da mentira que inunda o debate político. Aquí temos estabilidade política", clave para a estabilidade social e económica da que, di Moreno Bonilla, goza Andalucía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos