Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vilagarcía celebra o 2025 coas badaladas do mediodía

Vilagarcía celebra o 2025 coas badaladas do mediodía

Os populares Mozos da Arousa foron os encargados de darlle a benvida ao ano

G24.gal 31/12/2024 15:08

En Vilagarcía de Arousa xa é 2025. Puntuais, ás 12:00 do mediodía, celebraron a súa tradicional toma das uvas. Unhas uvas adiantadas que enchen de festa e bos desexos a praza da Ravella e, por extensión, a vila enteira. Co paso do tempo converteuse nunha das imaxes imprescindibles de cada fin de ano en Galicia.

Milleiros de persoas pendentes das badaladas do mediodía coas que reciben o 2025. Levan tres décadas celebrando a entrada do ano ás 12 do mediodía e presumen de ter unhas badaladas moi famosas e de que chega xente de todas partes.

Os populares Mozos da Arousa foron os encargados de darlle a benvida o 2025.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos