O condutor do autobús que atropelou un mozo en Aninovo nega que dese marcha atrás ou que manobrara co vehículo

Asegura que un mozo lle petou na porta cando xa estaba en marcha, pero que non parou
A investigación xudicial continúa aberta para aclarar as circunstancias do accidente de Aninovo en que faleceu atropelado un rapaz de 18 anos de Sigüeiro.
O condutor do autobús di que foi o primeiro en partir da discoteca, cando completou as prazas. Non pode asegurar que fose Nicolás o que lle petou na porta cando xa estaba en marcha.
"Cando ía incorporarme ao carril vin un rapaz e petoume na porta, e eu díxenlle que non abría porque tiña o autobús completo, e fíxenlle un xesto para que collese o coche de atrás", di.
A partir de aí di que o perdeu de vista e que non sabe o que pasou. O que asegura é que non fixo ningunha manobra co autobús.
"En ningún momento dei marcha atrás nin puxen a marcha atrás para nada".
O condutor foi localizado na Laracha cando xa rematara o servizo. Deu negativo nas probas de alcol e drogas e colaborou en todo momento coa Garda Civil. O autobús permanece inmobilizado ata que avance a investigación.