Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un coche espétase contra unha oficina bancaria en Sigüeiro

Un coche espétase contra unha oficina bancaria en Sigüeiro

Unha manobra errónea levou o condutor do vehículo automático a chocar contra a vidreira do banco

Coche estampado contra unha oficina bancaria en Sigüeiro Coche estampado contra unha oficina bancaria en Sigüeiro
G24.gal 27/08/2024 17:24 Última actualización 27/08/2024 18:09

Un vehículo espetouse contra a oficina de Abanca en Sigüeiro, no concello de Oroso. O accidente aconteceu minutos antes das 17 horas na avenida Compostela.

Segundo fontes de Protección Civil, o motivo foi unha manobra errónea. O condutor intentaba sacar o vehículo dunha praza de aparcamento nun espazo bastante estreito e por accidente meteu a marcha adiante. No acto, o coche impactou contra a vidreira da oficina e rompeuna.

Trátase dunha rúa moi transitada e no vehículo ían tres persoas, pero afortunadamente non houbo que lamentar feridos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade