Expourense acolle na fin de semana as novidades e ofertas do automóbil novo
Expourense acolle na fin de semana as novidades e ofertas do automóbil novo
Hai descontos de ata o 20% en vehículos de gama media
Os condutores de alta quilometraxe manteñen a aposta polo diésel
Eléctricos, híbridos, de gasolina, diésel...a oferta de motorización no mercado de coches novos segue a ser variada e hai público para todas elas. Por iso, os concesionarios non fan unha aposta clara por ningunha delas en concreto e manteñen un stock de todas porque así o demandan os clientes.
"Seguimos tendo todas as motrizacións. Por exemplo, os comerciais que fan moitos quilómetros seguen pedindo diésel.", di Laura Rodríguez, de Hyupersa
"Por sorte seguimos vendendo un pouco de todo e a demanda mantense en todos os modelos.", Iago Touza, de Gadasa
É certo que nas últimas semanas do ano se disparan as vendas de vehículos novos. A principal razón é que as marcas teñen que esgotar os coches almacenados, e por iso ofrecen descontos como os deste salón, que poden chegar ata 25.000 euros. Iso si, son por tempo limitado.
"A xente atopa aquí descontos de ata o 20%, o que é unha aposta de risco para o concesionario.", Servando Pardo, de Rodosa
"Tratamos de traer o mellor produto ao mellor prezo. Pero son prezos para este evento.", segue laura Rodríguez, de Hyupersa
Os concesionarios sinalan que eventos coma este Salón do Automóbil serven tanto para facer vendas directas como para dar a coñecer os seus vehículos e concretar tratos nos días posteriores ao evento.