Escolares de Ourense visitan as librarías do seu barrio
Escolares de Ourense visitan as librarías do seu barrio
Os libreiros reivindican o seu papel na promoción da lectura e a cultura
Prepararon un xogo de busca do tesouro para motivar os cativos
Os alumnos de quinto e sexto de primaria de Covadonga e As Eiroás reciben clase na libraría do seu barrio. Teñen que buscar un pergamiño, de cando aínda non existían os libros.
Mediante o xogo, a agrupación de libreiros de Ourense quere atraer os máis novos a uns espazos que lles ofrecen múltiples recursos, desde material escolar a libros cos que espertar a afección á lectura.
Tamén é unha clase de historia. A primeira libraría data do século XVIII e naceu no seo dunha zapatería, segundo lles explican os animadores da iniciativa aos cativos.
Unha actividade que se realiza con motivo do Día das Librarías, en que reivindican o seu papel na promoción da lectura e a cultura.