Os directores trasladáronlles á consellería as queixas de centros que piden máis profesorado para cumprir coa rebaixa das ratios

Na Xunta aseguran que aumentaron o profesorado, a pesar de baixar o número de alumnos
Este luns houbo reunión entre a Consellería de Educación e a Xunta autonómica de directores para facer balance do inicio do curso escolar.
Os directores trasladáronlle á consellería as queixas dalgúns centros que piden máis profesorado para cumprir o acordo de rebaixa das ratios. Especialmente cando hai alumnado con necesidades especiais.
Na Xunta aseguran que aumentaron o profesorado e que eses nenos contan dobre ou triplo para a ratio, dependendo da discapacidade.
A aula desdóbrase cando pasan de 25 alumnos, xa que a redución a 20 só se aplica, este ano, no primeiro curso de infantil. E irase ampliando progresivamente nos próximos cursos.