Publicador de contidos
Publicador de contidos

A venda de coches novos aumentou en Galicia un 12 % en 2024, malia que son cada vez máis caros

A venda de coches novos aumentou en Galicia un 12 % en 2024, malia que son cada vez máis caros

Segundo un informe de Sumauto, o prezo medio dun coche novo subiu un 37 % entre 2019 e 2024, fronte ao incremento dos salarios, só un 10,4 % no mesmo período

A electrificación e as novas medidas de seguridade, ademais de factores como a guerra de Ucraína ou a crise dos microchips, son segundo o sector as causas do encarecemento

G24.gal 02/01/2025 20:52 Última actualización 02/01/2025 21:26

O prezo medio dun coche novo situouse, segundo un estudo de Sumauto, nos 26.021 euros no ano pasado, o que supón 7.081 euro máis que en 2019. No último lustro aumentou un 37,4 por cento o prezo medio dun coche novo, é máis do triplo do que subiron os salarios, que apenas medraron un 10,4 por cento no mesmo período. As novas tecnoloxías explican, segundo o sector, este incremento tan notable.

"A electrificación, as tecnoloxías asociadas e as novas medidas de seguridade, agora estantaridazas, fan que se incremente o prezo medio dos coches novos", sinala Gabriel Sobreira, director comercial do concesionario Honda Camelias Motor. "Influíron ademais factores como a guerra de Ucraína ou a crise dos microchips, que fixo que moitos provedores pecharan e iso encareceu o prezo de todos os compoñentes", engade Mario Alonso Xefe de Vendas do concesionario BMW Celta Motor.

A fabricación de vehículos máis eficientes e seguros encarece o produto final. Con todo, a aparición de novas marcas, sobre todo chinesas, está revolucionando o mercado, con ofertas moito máis xenerosas para o cliente. "Estou buscando un segundo vehículo e estas marcas ofrecen unha mellor relación calidade-prezo, máis económica que as marcas habituais", comenta un cliente, que procura un vehículo eléctrico.

Onde non notan a perda de poder adquisitivo é no segmento de gama alta, onde o aumento de vendas foi aínda máis pronunciado.

"No noso caso de BMW as vendas aumentaron un 20 por cento o ano pasado. Polos novos modelos que saíron ao mercado, que non existían antes, e porque estamos apostando firmemente polo coche eléctrico", asegura o responsable de vendas de BMW Celta Motor.

E neste ano que comeza os prezos poder seguir tirando cara arriba debido ás esixencias e sancións que se aplicarán para reducir as emisións contaminantes, un custo extra que os fabricantes poderían trasladar ao consumidor final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos