Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buses urbanos con horarios especiais en Noitevella

Buses urbanos con horarios especiais en Noitevella

Na Coruña, o Bus Buho percorrerá a cidade de madrugada cada trinta minutos

G24.gal 31/12/2024 14:00

Para evitar o uso do vehículo paticular, moitas vilas e cidades activan un dispositivo especial de transporte urbano en Noitevella.

En concreto, na Coruña os autobuses farán os seus percorridos habituais ata as nove e media da noite. E pouco despois das badaladas activarase xa un servizo nocturno especial que, cunha frecuencia de trinta minutos, se vai manter activo ata as sete e media da mañá. E de novo a partir das dez as liñas habituais volverán circular polas rúas da cidade.

Aínda así, hai quen pensa que este servizo non vai ser dabondo para satisfacer a demanda.

Porque cómpre lembrar que entre as sete e media da mañá e as dez non haberá servizo de autobús e cadaquén terá que buscar opcións ou armarse de paciencia, un ano máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar