Publicador de contidos
Publicador de contidos

Noitevella triste e solidaria na zona cero da dina

Noitevella triste e solidaria na zona cero da dina

Hoxe reabriu o mercado municipal de Paiporta

Unha nova dina afectará o litoral mediterráneo esta tarde

Dous meses despois, moitos municipios continúan coa limpeza e a reconstrución
G24.gal 31/12/2024 13:56

Dous meses despois da dina, a vida en moitos municipios da Comunidade Valenciana aínda está lonxe de recuperar a normalidade. 

"Quitando lama aínda, é o nosopai de cada día".

A lama, presente aínda en rúas e baixos de moitas vilas, é o recordo constante da traxedia, en que morreron 223 veciños. 

Por iso, a realidade de moitas familias non deixa lugar para festas. 

"Estamos na casa do meu fillo. Mentres non cheguen as axudas, non podemos rehabilitar a casa".

A reapertura do mercado municipal de Paiporta é un paso máis na recuperación da normalidade na zona cero da dina. 

"Moitos xa non están, pero temos a obriga moral de celebrar", di Maximiliano Roldán, voceiro da asociación de vendedores do mercado de Paiporta. 

As celebracións desta Noitevella serán máis homenaxe aos que xa non están e despedida dun ano que queren esquecer. E serán celebracións pasadas por auga e condicionadas polo tempo, porque unha nova dina, de moita menor intensidade, con todo, que a de outubro, deixará precipitacións intensas en Valencia e Alacant.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade