Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Reis Magos percorren as aldeas de Barbadás nunha visita anticipada

Os Reis Magos percorren as aldeas de Barbadás nunha visita anticipada

Adiantaron a chegada para recibiren as últimas cartas para a noite de Reis

G24.gal 02/01/2025 20:10 Última actualización 02/01/2025 21:29

As súas maxestades iniciaron en Barbadás a súa expedición polo rural galego. Fixérono a bordo dos vehículos municipais. Unha sonora comitiva que ao longo da tarde foi visitando as distintas aldeas do concello.

"Preguntámoslles aos pais se se portaron ben durante o ano e dámoslles uns doces", explica Melchor.

"Imos visitando as aldeas e levámoslles agasallos aos nenos", engade Baltasar.

Coa axuda dos paxes reais, levaron tamén unha caixa de correo de última hora, para que os máis preguiceiros entregasen as súas cartas a tempo para a noite de Reis.

En cada nova parada, un grupo ansioso de cativos agardaba xa por eles.

Nunha delas, os veciños, agradecidos pola visita anticipada, mesmo agasallaron os Reis cun chocolate quentiño, para que reunisen forzas para seguiren a viaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade