Instrumentos tradicionais cun son e identidade propia, froito do saber facer artesán
Instrumentos tradicionais cun son e identidade propia, froito do saber facer artesán
Pablo Martínez, de Barbadás, aprendeu o oficio doutro artesán da zona e neste intre compaxina as clases de gaita, como mestre, coa elaboración de instrumentos
Instrumentos musicais feitos á man e personalizados, cun son e identidade propia. É o resultado do traballo artesán fronte á produción en serie. Pezas únicas que saen de talleres como o de Pablo Martínez, no concello ourensán de Barbadás, especializado sobre todo en gaitas.
O primeiro paso é seleccionar a madeira, e logo dun proceso inicial hai que deixala que se estabilice durante 5 ou 6 meses antes de continuar o proceso.
Un instrumento que forma parte da súa vida dende pequeno. Neste intre segue a compaxinar as clases de gaita co seu traballo como artesán. Aprendeu o oficio dun mestre en Bentraces.
Estamos a falar de pezas únicas, feitas por encargo e cada vez máis personalizadas, cun prezo que parte dos mil euros.