Cargando resultados...
Un obradoiro de Ribadeo elabora turróns artesáns con produtos ecolóxicos e mesmo con algas
Un obradoiro de Ribadeo elabora turróns artesáns con produtos ecolóxicos e mesmo con algas
Prevé facer arredor de dez mil unidades de distintas variedades
G24.gal
27/10/2024 21:11
Neste obradoiro de Ribadeo levan desde setembro elaborando turróns. Teñen dez variedades, todos eles feitos de xeito artesanal.
Hainos de chocolate negro sen proteína de leite, con algas, sen azucre, de licor café... porque a innovación é sinal da casa.
Desta volta prevén superar a produción do ano pasado e chegar ás dez mil unidades. Niso andan neste obradoiro, no que traballan catro persoas. O oficio a María José vénlle do pai e desde 2016 está á fronte desta empresa familiar que se dedica a elaborar chocolate e no Nadal, tamén turróns.