Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha tarde no faideiro da Casa do Patrón de Lalín

Unha tarde no faideiro da Casa do Patrón de Lalín

Unha mostra do proceso de transformación do liño como parte do noso patrimonio

Recordan o papel comunitario que xogaban os faideiros noutra época

G24.gal 26/10/2024 21:23

Na casa do Patrón, en Lalín os fusos, as rocas e o tear volveron facer o seu traballo nas mans das tecedeiras. Todo cun obxectivo: recuperar unha tradición, a do liño, e coñecer o seu proceso de transformación comunitario.

Aló polo mes de abril fíxose a sementeira. En xullo chegou a arriga e co liño apañado comezou o proceso para a obtención da fibra.

"Quitámoslle a semente, levámolo ao río e témolo aquí seco. Agora estano mazando, trátase de romper a fibra para que sexa fácil de traballar. Despois hai que espadelalo, quitarlle o gordo, o que lle chaman os tascos, que tamén se aproveitaban. Despois restrélase para deixalo listo para fiar. O fío ripado pasa ás rocas para fiar, co fuso e a roca. O seguinte paso é ensarillar" relata Lola Varela, a guía do fiadeiro

É a hora de cocer o liño con auga e borralla de carballo para branquealo e despois facer os novelos e podelos tecer no tear. Un traballo laborioso feito á man e ao son dos cantos marcados polo pedal da tecedeira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade