Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os axudantes dos Reis Magos apuran as horas para cumprir coas encargas

Os axudantes dos Reis Magos apuran as horas para cumprir coas encargas

Algúns produtos están xa esgotados

G24.gal 03/01/2025 13:59

Os establecementos comerciais son estes días un bulebule de clientes que deixaron os encargos dos Reis para última hora. Moitas das peticións xa non se van poder atender por esgotamento de existencias, pelo malo será que non se poidan cumprir con éxito a maioría das peticións.

"O traballo non nos permite vir antes. Acabamos de reler as cartas e andamos cos últimos encargos".

"Había que ser máis previsores, pero a verdade é que o deixamos todo para última hora. A ver se os Reis dan feito". 

Son declaracións de clientes que buscan novos encargos.  Apuros no derradeiro momento. "Aproveito que é cedo, que hai menos xente para acabar rápido".

Tamén quen ten os deberes feitos. "A carta está enviada, espero que chegue a tempo, porque como foi tanto frío... Papá Noel está mais acostumado ao frío, os Reis non tanto".

Mellor, porque outros téñeno complicado. "Vexo difícil que poidan cumprir todas as últimas peticións dos nenos, porque está todo moi esgotado". 

E as reposicións complicadas, porque os días anteriores son festivos. Iso dificulta as entregas de mercadoría, polo que moitos produtos están esgotados.

"Ademais os nenos teñen ás veces ideas tardías", di Susana Barro, encargada da tenda El Faro de los tres mundos, de Lugo.

O mellor de agardar a última hora é que poden atopar algunha ganga. "Hai que miralo todo, que a costa de xaneiro faise moi longa".

Só queda agardar pola noite máxica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar