Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia é comunidade autónoma co mellor nivel de inglés en todo o ámbito estatal

Galicia é comunidade autónoma co mellor nivel de inglés en todo o ámbito estatal

Un estudo sinala como alto o dominio dos galegos da lingua máis falada do mundo

Alumnos dunha academia de inglés en Lugo
Félix Aragunde 14/01/2025 19:41 Última actualización 14/01/2025 19:58

Galicia é a comunidade autónoma co mellor nivel de inglés, cun dominio cualificado como alto. Así o destaca o informe anual da escola de formación en idiomas líder no mundo.

O estudo recolle os resultados obtidos, en máis dun cento de países, nos cuestionarios realizados a máis de 2 millóns de adultos non nativos da lingua de Shakespeare.

Os galegos aumentamos unha posición con respecto ao estudo anterior, superando así a Comunidade de Madrid. E por cidades, Vigo figura á cabeza en todo o ámbito estatal, coa Coruña no cuarto posto entre as urbes co mellor nivel de inglés.

Tocante á explicación deste fenómeno, os ensinantes nativos da lingua máis falada do mundo sinalan como principal razón a competencia xeralizada en varios idiomas.

Shane Doherty, director dunha academia de inglés: "Un factor moi importante é que os galegos se crían nun ambiente bilingüe, algo que moitas comunidades autónomas non teñen".

Ingrid Hughes, examinadora de Cambridge English: "A maior parte da xente aquí é bilingüe, e un bilingüismo sempre vai axudar o oído e a que esa capacidade de cambiar entre diferentes idiomas se faga dunha forma natural".

No mesmo informe internacional, Galicia sitúase 26 puntos por riba da media estatal e 87 por riba da mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade