Cargando resultados...
Reabre a praia das Catedrais tras o paso do temporal que obrigou a pechala dous días
Reabre a praia das Catedrais tras o paso do temporal que obrigou a pechala dous días
Este sábado retomáronse as visitas ao areal, e para este domingo aínda quedan reservas
Ante o risco de que caesen rocas, o Concello pechou o acceso o Xoves e o Venres Santo
G24.gal
30/03/2024 20:58
Última actualización 30/03/2024 21:41
Coa marea subindo, a praia das Catedrais continúa atraendo visitantes. Iso si, desde os cantís. Este sábado retomáronse as visitas, logo de que houbese que suspendelas o Xoves e o Venres Santo por mor do temporal.
Eran xusto os días con máis reservas feitas, pero o Concello de Ribadeo decidiu pechar o areal para evitar riscos provocados polo vento e o mar. Anímense, porque para este domingo quedan libres máis da metade das prazas.