Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian que seguen arrincando pedras da praia das Catedrais

Denuncian que seguen arrincando pedras da praia das Catedrais

Mesmo hai quen vai con ferramentas ao monumento para levar anacos de recordo 

Félix Aragunde 31/05/2024 19:52 Última actualización 31/05/2024 20:26

Nun só ano visitan o conxunto das Catedrais, en Ribadeo, máis de 200.000 persoas. A maioría compórtanse de forma cívica, pero segue a haber quen arrinca pedras para levalas de recordo.

As súas praias conforman un monumento natural protexido. Como é lóxico, está terminantemente prohibido levar cachos de rochas, pero aínda así mesmo hai quen visita este conxunto con ferramentas que lle permiten realizar esta práctica totalmente ilegal.

Do mesmo xeito que está prohibido levar anacos, tamén está prohibido amorear pedras, levantar monólitos ou facer esculturas con elas. Dado o perigo que supón tanto para os visitantes como para o monumento, tampouco está permitido andar por riba dos arcos.

No seu día, dende a Xunta advertiron que se porían sancións por este costume, pero o certo é que polo momento non consta que ninguén resultase multado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar