Ximo Navarro estará un mínimo de seis semanas de baixa por lesión lumbar
Sufriu a lesión na xogada pola que foi expulsado no minuto 6 do partido que onte á noite enfrontou ao seu equipo co Cartaxena
O defensa Ximo Navarro estará como mínimo seis semanas de baixa despois de que as probas médicas que lle realizaron os servizos médicos do Deportivo revelasen que sofre “unha fractura de dúas apófisis transversas lumbares”.
Unha lesión que o xogador, un dos habituais no once de Óscar Gilsanz, sufriu na xogada pola que foi expulsado no minuto 6 do partido que onte á noite enfrontou ao seu equipo co FC Cartaxena (2-2) en Riazor.
Tras o encontro, Ximo Navarro foi trasladado ao Hospital Quirónsalud A Coruña para avaliar as molestias lumbares sufridas na xogada. A partir de agora permanecerá en repouso deportivo durante un período “non inferior a 6 semanas” para despois iniciar fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.