Publicador de contidos

Publicador de contidos

Petxarroman: "Os derbis son partidos de moita emoción e moita tensión"

Petxarroman: "Os derbis son partidos de moita emoción e moita tensión"

Dous meses tivo que esperar Alex Petxarroman para gozar da súa sétima titularidade durante a liga 2024-25

G24.gal 26/03/2025 12:02 Última actualización 26/03/2025 13:51

Dous meses tivo que esperar Alex Petxarroman para gozar da súa sétima titularidade durante a liga 2024-25. O lateral vasco, que formou no once inicial do Dépor fronte ao Cartaxena, móstrase feliz polo seu retorno ao equipo e asegura que o seu nivel "vai a máis", motivo polo que está preparado para ter maior presenza na escuadra, máis tras a lesión de Ximo Navarro, que se une a Obrador e Escudero na lista de baixas dos laterais brancos e azuis.

O sábado haberá derbi ante o Rácing, segundo rival consecutivo nunha situación complicada.

"Os derbis son partidos de moita emoción e moita tensión. É verdade que na clasificación eles téñeno moi difícil, pero van saír con moitas ganas, encima na súa casa, coa axuda da afección, de poder gañar ao Dépor.

Petxarroman sabe que na Malata haberá un grande ambiente.

"Dúas afeccións que van apoiar a matar aos seus equipos, sabemos que se vai mover moita xente da Coruña para ver o partido en Ferrol e esperemos gozar da festa cun bo partido e sacando os tres puntos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade