Publicador de contidos

Publicador de contidos

Antía Chamosa, campioa de España e mellor marca europea do ano en 20 km marcha

Antía Chamosa, campioa de España e mellor marca europea do ano en 20 km marcha

A marchadora pontevedresa amosou o seu gran momento despois de impoñerse hai unhas semanas na distancia de 35 km

Seu irmán, Daniel Chamosa, foi bronce na categoría absoluta masculina

G24.gal 30/03/2025 13:08

A marchadora pontevedresa Antía Chamosa está a demostrar un nivel espectacular nestes primeiros meses de 2025. Conseguira hai unhas semanas o título nos 35 quilómetros na localidade de Marín e tamén dominou os 20 quilómetros cunha marca espectacular de 1 hora 27 minutos e 55 segundos. Sacoulle máis de dous minutos a Paula Juárez, prata, e 3:25 a Raquel González, que levou o bronce.

 Este rexistro de Chamosa é a quinta mellor marca española de todos os tempos, a quinta mellor marca mundial do ano e convértese na mellor marca europea da temporada nesta distancia. 

Volveu ser unha xornada triunfal para a familia Chamosa, porque o seu irmán, Daniel, acadou o bronce na categoría absoluta masculina. Daniel Chamosa só foi superado por Álvaro López e Miguel Ángel López demostrando a súa progresión, porque quedou a 26 segundos do ouro e a 11 segundos da prata. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade