Publicador de contidos
Publicador de contidos

Actividade extra nas tendas á conta dos cambios dos agasallos de Nadal

Actividade extra nas tendas á conta dos cambios dos agasallos de Nadal

O período legal para poder facer cambios ou devolucións é de 14 días, pero moitas tendas amplían prazos nestas datas

G24.gal 26/12/2024 16:04

Ademais de comidas e reunións familiares, estes días Papá Noel repartía os primeiros agasallos do Nadal. Pero, ás veces, ata el pode equivocarse e este xoves, en moitas tendas, comezaron xa as devolucións e cambios dos regalos.

Pode pasar: un talle de menos, ou de máis, un agasallo repetido ou mesmo un regalo que, digamos, non nos acaba de gustar moito. Roupa, perfumes, xoguetes..., son tantas cousas que, claro, Papá Noel, ás veces, pode confundirse ou non acertar co galano perfecto. Por iso hoxe comezaron xa nas tendas físicas e nas en liña as devolucións e os cambios. 

Se se trata dunha compra a distancia, o período legal para poder facer cambios ou devolucións é de 14 días, pero debemos comprobar as políticas comercias de cada establecemento, que nestas datas adoitan ser máis favorables para o consumidor e amplían os seus prazos. Iso si, lembremos que, aínda que habitualmente nos faciliten os cambios, legalmente, os establecementos só están obrigados en caso de defecto ou tara do produto. Se nos gusta ou non, non é motivo obrigado para unha devolución. 

Para non ter problemas á hora de cambiar ou devolver os nosos agasallos, a OCU recomenda informarnos ben das políticas comercias do establecemento antes de facerlles as nosas peticións a Papá Noel ou aos Reis Magos e gardar o tícket de compra. Ah, e lembren que cada regalo é sempre unha demostración de afecto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar