Publicador de contidos
Publicador de contidos

A rotura da catenaria obriga os viaxeiros a facer en bus o treito Monforte-Ourense

A rotura da catenaria obriga os viaxeiros a facer en bus o treito Monforte-Ourense

A avaría produciuse á altura de Sober

G24.gal 26/12/2024 15:57

O tren entre Lugo e Ourense sufriu unha nova incidencia. Un mes despois de que se recuperara a circulación ferroviaria entre as dúas cidades, a rotura da catenaria obrigou os viaxeiros a continuar en autobús desde Monforte ata Ourense.

Foi o tren Intercity de Lugo a Ourense o primeiro en detectar a avaría, á altura de Sober. Desde alí, os usuarios tiveron que seguir itinerario en autobús. 

O seguinte ferrocarril en circular por ese treito era o Alvia que enlaza Barcelona con Galicia. E tamén os viaxeiros tiveron que coller o bus en Monforte para chegar ata Ourense. 

Foron as últimas incidencias nunha vía que recuperaba a circulación entre Ourense e Monforte hai xusto un mes, o pasado 26 de novembro. Eses 46 quilómetros botaran dous anos cortados por obras de modernización da vía.

"Eu sempre collía esta liña, pero xa levaba dous anos sen poder ir".

Esas obras obrigaban os usuarios a facer parte do traxecto en bus.

"Eu fago Monforte Ourense-Ourense Santiago. Entón bus e despois tren".

Desde a súa reapertura do treito, xa se rexistraron varias incidencias, por fallos nos cables eléctricos ou problemas nos raís. 
Este xoves, o tren xa viaxou normalmente ata final de traxecto e en hora. 

"Saíumos cun pouco de atraso, pero ben"

Queda confiar en que, resolto o problema, non se repita. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade