Publicador de contidos

Publicador de contidos

Isma e a fazaña do Porriño: "É algo histórico, imos gozar as semis e oxalá dunha final"

Isma e a fazaña do Porriño: "É algo histórico, imos gozar as semis e oxalá dunha final"

O Balonmán Porriño é semifinalista da EHF European Cup e agarda rival

G24.gal 18/02/2025 11:51 Última actualización 18/02/2025 13:09

O Balonmán Porriño é semifinalista da EHF European Cup. Na súa primeira comparecencia a nivel continental, e despois de liquidar dúas eliminatorias xogando os dous partidos a domicilio, por motivos económicos, en feudos tan quentes como Turquía ou Grecia.

Agora xa saben que a competición regresará ao Porriño para o partido de ida dunha semifinal para a que esperan rival.

"Era histórico participar, foi histórico pasar todas as roldas. Imos gozar as semis e oxalá dunha final, sería incrible para todos", comenta Isma Martínez.

"Tivemos bastante hándicap de xogar dúas eliminatorias moi complexas en Turquía e en Grecia integramente fóra, iso sempre é complicado e fomos capaces de sacalo e con solvencia". 

Ademais, onte asistiu ao sorteo, nada propicio, da fase final da Copa da Raíña que xogará a mediados de marzo en Granollers e onde se verán as caras, en primeiro lugar, co Elda.

"A primeira eliminatoria é complexa. Elda é un moi bo equipo e agora vai ter un salto de calidade seguro con José Ignacio Prades de adestrador. Se foramos quen de pasar, teríamos que enfrontarnos ao rival que ninguén quería, que é ou que saía do Bera Bera-Rocasa. Non tivemos sorte".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade