Cargando resultados...
O Porriño loitará por un posto nas semifinais da EHF European Cup
Por motivos económicos, o Balonmán Porriño accedeu a disputar en Grecia os dous partidos da eliminatoria de cuartos de final
Foto Balonmán Porriño
G24.gal
13/02/2025 15:16
Última actualización 13/02/2025 15:26
Por motivos económicos, o Balonmán Porriño accedeu a disputar en Grecia os dous partidos da eliminatoria de cuartos de final da European Cup. Ida e volta este sábado e domingo.
"A viabilidade do club está por riba de todo. Gustaríanos xogar na casa. Imos intentar pasar para que a xente goce da semifinal".
Para continuar o soño europeo, o Porriño debe superar o Ionias, líder da liga helena. O que xa lograron é ser o único equipo español que se mantén na competición.