O Porriño gaña os dous partidos en Grecia e xogará as semifinais da EHF European Cup
A vitoria na ida (23-15) deu moita tranquilidade para unha volta en que tamén se impuxeron por 26-27

O Conservas Orbe Zendal Porriño clasificouse para as semifinais da EHF European Cup despois de derrotar o OFN Ionias de Grecia nos dous partidos. Na ida gañou por 23-15 e na volta repetiu triunfo por 26-27.
O primeiro foi un partido en que as galegas tardaron en entrar, o que aproveitou o líder da Liga grega para adiantarse por 1-3. As alternativas no marcador seguiron favorables ao Ionios ata o 7-7. O Porriño colleu entón vantaxe, que o levou 9-8 ao descanso. A segunda parte tivo un marcado cor galego. O Porriño extendeu a renda de inicio ata o 11-8 con goles de Maider Barros e Malena Vallés, que participou despois no parcial de 4-0 que rachou o partido con outros dous tantos, para acabar como máxima goleadora co seu quinto, o que pechaba o 23-15 final.
Na volta o Ionias saiu a por todas e inquedou no primeiro tempo. Chegaron ao descanso gañando por 15-12. Na segunda parte conseguiron unha máxima vantaxe de catro goles (21-17) pero o Porriño conseguiu aguantar cun parcial de 0-3 e acabou impoñendose. Micaela Casasola estivo letal con nove goles en doce lanzamentos.
O outro semifinalista sairá do partido que van xogar a vindeira semana o Kynzvart da República Checa e o Haukar de Islandia. Na ida, xogada en terras checas, gañou o equipo da casa por un claro 35-24.