Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca busca a sétima xornada sen perder contra un rival directo

O Deportivo Abanca busca a sétima xornada sen perder contra un rival directo

O Éibar visita Riazor mañá ás 17:30 h

G24.gal 08/03/2025 12:38

A liga feminina de fútbol afronta as dez últimas xornadas do campionato coa meta da permanencia cada vez máis preto para o Deportivo Abanca. Este domingo tentará achegala aínda máis fronte ao Eibar. 

Logo de seis xornadas sen perder, as coruñesas reciben en Riazor a un equipo co que igualan na clasificación. Os dous teñen 21 puntos, 7 de marxe co descenso. O Éibar acaba de apañar 8 goles co Barcelona e suma tres encontros sen gañar. Iso si, nesta tamporada foi capaz de superar a domicilio o Athlétic de Bilbao e o Real Madrid.

Por todo iso, Fran Alonso agarda un partido difícil: "É un equipo que fai xogo directo, pero son boas facéndoo, por iso é un equipo moi perigoso. Agardo un partido difícil, pero confío na boa serie, no noso campo e na nosa afección para facer un bo partido". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade