Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán vence no Pazo o Andorra, rival directo (94-74), e suma a 9ª vitoria

O Breogán vence no Pazo o Andorra, rival directo (94-74), e suma a 9ª vitoria

Os de Luis Casimiro mandaron en todo momento, aproveitando os erros nas triplas do seu rival

Co 9º triunfo foxen a tres do descenso

Foto: EFE
G24.gal 08/03/2025 22:40

O Breogán acadou un importante triunfo no Pazo diante dun rival directo como é o Andorra, que lle permite superalo na clasificación e coller unha marxe de tres triunfos sobre a zona de descenso.

O cadro galego foi gañando desde o primeiro minuto do partido pero, despois do intercambio de anotacións do primeiro cuarto (18-14), iniciou o segundo cun 7-0 que lle permitiu superar os dez puntos de renda.

Neste segundo cuarto puido rachar o encontro o conxunto de Luis Casimiro, que se puxo cun 40-22 a menos de dous minutos do descanso. Pero, un bo peche dos andorranos permitiulles chegar ao descanso por debaixo dos dez de diferenza (40-31). Nesta primeira metade destacou Grant nos locais, con 10 puntos. No equipo visitante Okoye anotou 12, con 16 de valoración.

A segunda metade comezou con tripla de Bassas, pero o Breogán non tivo problemas para manter esa vantaxe por riba dos 10 puntos, cos do Principado abusando dos lanzamentos de 3, e por debaixo do 30 % de acerto. Os breoganistas penalizárono con 7 puntos de Kuric, e un total de 27 neste cuarto que pecharon cun 67-50 e moitas opcións de sumar a 9ª vitoria da temporada.

O último parcial comezou cun 7-0 e a constatación de que todo ía sobre rodas en Lugo. So quedaba pechar un triunfo importante, pero os lugueses fixeron medrar a renda por riba dos 20 puntos mediado o período, comandados polos 18 puntos de Hilliard, e os 14 de Aranitovic, Grant e Mavra, que sumou 24 de valoración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade