Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo, un equipo de ascenso como visitante

O Deportivo, un equipo de ascenso como visitante

Pola contra, o equipo coruñés é o cuarto peor local da categoría con 18 puntos, puntuación que só empeoran o Zaragoza, Rácing de Ferrol e Cartaxena

G24.gal 18/03/2025 14:25 Última actualización 18/03/2025 14:37

Co punto sumado onte á noite fronte ao Castelló en Castalia, o Deportivo converteuse no terceiro equipo con mellor puntuación de LaLiga Hypermotion como visitante.

Os 23 puntos que sumou o cadro deportivista lonxe de Riazor só os melloran o Rácing Club (28) e o Levante (26), os dous equipos que ocupan os postos de ascenso directo á máxima categoría. Ademais, o conxunto dirixido por Óscar Gilsanz é o segundo máis realizador cando xoga a domicilio con 25 goles en 16 partidos, un menos que o Almería e seis máis que o líder Levante.

Eses bos números visitantes contrastan cos que o Dépor asina en Riazor, onde só conseguiu gañar catro partidos, un nas últimas cinco xornadas.

O equipo coruñés é o cuarto peor local da categoría con 18 puntos, puntuación que só empeoran o Zaragoza, Rácing de Ferrol e Cartaxena.

O Deportivo é nestes momentos décimo segundo na clasificación con 41 puntos, a dez dos postos de promoción de ascenso e con seis de vantaxe sobre o Eldense, que pecha a zona de descenso a Primeira Federación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade