O Celta sobe ao tren de equipos que optan a Europa
Coa permanencia case garantida o equipo perseguirá cotas máis altas
O Celta volveu de Valladolid con 39 puntos no peto, que significan a permanencia virtual e a esixencia de perseguir cotas máis altas. O Celta posiciónase en zona europea: incluso o oitavo podería xogar este ano a Conference League pero ten a tiro a Europa League e a cinco puntos a Liga de Campions. Giraldez non cambia de obxectivo, considera que a permanencia non está feita.
O conxunto vigués está no mellor momento da temporada. Leva seis xornadas seguidas sen perder, 14 puntos dos últimos 18 e gaña sen xogar ben, incluso fóra. A carreira das últimas dez xornadas empeza en Balaídos contra As Palmas. Logo irán pasando o Español, Vilarreal, Sevilla e Raio, as estacións para coller o tren a Europa.