Cargando resultados...
O gol do Castellón que protesta o Deportivo: "Supoño que non funcionaría o VAR"
O tanto do empate a un do Castellón veu precedido dunha falta a Mella que non indicou o árbitro malia ser revisada polo VAR
G24.gal
17/03/2025 22:57
Houbo moita polémica na xogada do gol do empate do Castellón. Unha falta clara sobre Mella xusto antes do centro que deu orixe ao gol de Suero. Había indignación e incredulidade no plantel deportivista por esta decisión. O seu adestrador, Óscar Gilsanz, asegurou que "supoño que non funcionaría o VAR, non lle atopo outra explicación".
Gilsanz recoñeceu o difícil da tarefa arbitral e de que "os primeiros fastidiados por un erro teñen que ser eles" e tamén dixo que ninguén llo poñía doado dentro do campo.