Publicador de contidos

Publicador de contidos

Día do Cómic: aumentan os lectores e hai máis autoras e personaxes femininas

Día do Cómic: aumentan os lectores e hai máis autoras e personaxes femininas

O fundador da Libraría Kómic e autor de 'Gloria', Pío Barreiro, explíca que o arco de idade do cómic se abriu moitísimo igual que o tipo de público

A pausa, de Ana Moreiras, unha das novidades deste Día do Cómic
G24.gal 17/03/2025 21:08 Última actualización 17/03/2025 21:27

Este luns é o Día do Cómic chámenlle banda deseñada, historieta ou novela gráfica do que resulta que Galicia se revelou nos últimos anos como unha potencia, tanto en autores e en ilustradores.

O cómic vive unha explosión feminina, en autoras e, sobre todo, en personaxes, heroínas gráficas con cada vez máis seguidores de todas as idades. 

Sábeno ben, con 38 anos de historia, na Libraría compostelá Kómic, templo local da banda deseñada, que celebrou o Día do Cómic co contacto persoal de lectores con nove autores, entusiastas do contacto co público como nos confirma Ana Moreiras, autora de 'A pausa'.

O seu terceiro libro fala do lado máis íntimo e tranquilo da pandemia, momentos de parada que levaron a Pío a concretar o seu primeiro cómic, 'Gloria', ilustrado por unha valenciana de corazón compostelán, Lola Garcerá, quen imaxinou como sería a protagonista feminina, unha sobriña do Mestre Mateo que o axuda na construción.

Son exemplos da progresiva feminización da banda deseñada en autoras e en personaxes cunha afección en alza. Para Ana Moreiras, as mulleres achegan outra perspectiva, outra ollada, outro sentimento e outros temas, algo que facía falta na banda deseñada.

Fundador da Libraría Kómic e autor de 'Gloria', Pío Barreiro, explícanos que o arco de idade do cómic se abriu moitísimo igual que o tipo de público. Asegura que o cómic xa non é un curruncho de frikis.

A actual influencia do manga non desdebuxa os grandes nomes galegos: Miguelanxo Prado, Das Pastoras, Xaquín Marín, David Rubín, Manel Cráneo ou Kiko da Silva ata o punto de que Barreiro asegura que Galicia é unha potencia dentro de España.

Toda unha nova xeración xa medrou coa posibilidade de poder estudar en Galicia para seren profesionais no nundo do cómic.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar