Malfada fai 60 anos
Malfada fai 60 anos
A banda deseñada do artista arxentino Quino foi unha adiantada ao seu tempo e deixou pegada en toda unha xeración
Mafalda, a personaxe do cómic máis icónico na súa Arxentina natal e no mundo enteiro cumpre 60 anos. Creada inicialmente polo debuxante Quino para unha campaña publicitaria de electrodomésticos, foi nas páxinas do diario La Nación onde se fixo grande.
Unha nena de seis anos, idealista, pacifista, inconformista e feminista que odia a sopa... 60 anos despois a personaxe creada polo debuxante arxentino Quino demostra que sempre foi unha adiantada ao seu tempo.
A Arxentina celebra especialmente o aniversario da súa filla máis icónica. No mundo de Mafalda convivían personaxes que eran metáforas do seu tempo: unha familia de clase media cun pai preocupado por saír adiante e unha nai ama de casa, amigos como o soñador Felipe, o materialista Manolito, Susanita que só pensa en casar... ou Libertad, que fai honor ao seu nome. Todos eles marcaron varias xeracións.
A nena pegada á radio, que adoraba aos Beatles e facía preguntas incómodas aos adultos, foi o espello dunha xuventude progresista dos anos setenta e a súa mensaxe segue vixente.