Publicador de contidos

Publicador de contidos

O regreso de Mondra, Los Eternos e Najla Shami nas músicas do 'Zigzag'

O regreso de Mondra, Los Eternos e Najla Shami nas músicas do 'Zigzag'

Teño caldo quente, o Mondra máis provocador regresa da man do Hevi

Najla Shami asina xunto á artista ucraína xordana Galyna Pryklonskaya un tema de amor ao pobo palestino

Los Eternos publican San Antonio, un disco sobre o amor e as perdas inspirado no mar de Cedeira

G24.gal 17/03/2025 13:52 Última actualización 17/03/2025 16:53

Mondra adiántanos un novo sinxelo do seu novo disco. Trátase de Caldo quente, un tema evocador e retranqueiro que presenta de cheo a esencia musical do disco, producido integramente a carón de Hevi no Laboratorio Soyuz.

Los Eternos publican a finais deste mes San Antonio, un disco cantado integramente en galego no que se enfrontan a temas como a perda a través de cancións entre o xénero de americana e as cancións de mariñeiros.

A artista palestina galega Najla Shami regresa á escena musical coa canción Pulsando, unha canción en que reivindica o amor inspirada na resistencia do pobo palestino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade