Publicador de contidos

Publicador de contidos

Octavio Beares: "Castelao comezou facendo viñetas de contraste e despois interiorizou a linguaxe da tira cómica"

Octavio Beares: "Castelao comezou facendo viñetas de contraste e despois interiorizou a linguaxe da tira cómica"

O humorismo gráfico na prensa periódica foi un altofalante excepcional para Castelao, sobre todo nas súas Cousas da vida, publicados a partir de 1924 

Octavio Beares investigou a historia do cómic en Galicia e atopou secuencias de debuxos feitas por Castelao en varias publicacións

 

G24.gal 17/03/2025 13:30 Última actualización 17/03/2025 16:45

Castelao deixou dito que "quería aguilloar coa punta do seu cativo lápis a conciencia durmiñenta da nosa personalidade". No Día do Cómic queremos lembrar que foi o grande impulsor contemporáneo da cultura e identidade galegas afondando no seu relevante labor como artista gráfico e en concreto na súa faceta como autor de banda deseñada.

Falamos para iso co historiador do cómic galego Octavio Beares sobre os traballos neste eido de Castelao, que non chegan á decena, e nos que adaptou o seu labor creativo ao modelo de narración secuencial e experimentou no medio máis popular que tiña daquela para lanza a súa mensaxe: o espazo gráfico da prensa escrita.
 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade