Carlos Rego: "Sospeito que Bibiano atopou no traballo como promotor, ser por fin profesional da música"
Carlos Rego: "Sospeito que Bibiano atopou no traballo como promotor, ser por fin profesional da música"
Carlos Rego recupera a figura musical de Bibiano, engulida pola faceta de promotor de concertos, na biografía 'Bibiano. Cambiar para ser un mesmo'
O tempo da canción protesta en 'Voces Ceibes' segue a ser o máis lembrado de Bibiano
Cultivou tamén o pop, foi peza da Movida Viguesa e trunfou como productor de concertos nos 90
Bibiano Morón foi un cantautor e produtor galego cunha traxectoria inigualable. Uns lembrarano por ser quen trouxo a Madonna a Galicia, ou por propiciar o primeiro concerto de Siniestro Total en Vigo, outros por ser membro de Voces Ceibes, polo tempo con Benedicto, e a canción protesta, ou como un dos creadores do sindicato dos músicos, e membro do Partido Comunista. Unha evolución vital constante e ás veces aparentemente contraditoria que resume Carlos Rego nunha biografía titulada 'Bibiano. Cambiar para ser un mesmo' que acaba de ser editada por Galaxia.