Cargando resultados...
Uxía: "Co tempo a voz madura, e o xeito de estar na música tamén"
A xira de Uxía 'Será por flores' arrinca o domingo en Compostela e percorrerá Galicia en 2025
A cantora galega celebra o seu 40 aniversario na música
Pablo Novoa é o director musical da xira, na que tamén colaboran Guadi Galego, Uxía Pedreira, Budiño, Quin Farinha ou Tanxugueiras
G24.gal
14/03/2025 14:58
Última actualización 14/03/2025 16:37
Levou a súa voz por todo o mundo e conseguiu que o seu xeito de cantar nos resulte familiar e inconfundible. Cantou aos poetas, cantoulle ao mar, ás mulleres... cantoulle á vida durante catro décadas. E quere seguir facéndoo. Uxía celebra corenta anos de carreira rodeada de amigos e cun espectáculo co que arranca tamén a xira 'Será por flores'. A festa comeza este domingo no Auditorio de Galicia.