Comisarias da mostra 'Érguete': "Non afondamos no narcotráfico, senón na maternidade radical das nais de Érguete"
Comisarias da mostra 'Érguete': "Non afondamos no narcotráfico, senón na maternidade radical das nais de Érguete"
En 1985 un grupo de nais fundaban a Asociación Érguete para levar á esféra pública e política os problemas da drogodenpencia dos seus fillos
Ademais de materiais gráficos, obxectos e documentación da Asoc. Érguete, a mostra inclúe obras de artistas contemporáneas
'Érguete. A pegada das nais. Un berro que cambiou a sociedade' no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Marco, ata o 8 de xuño
Durante as décadas dos oitenta e noventa, modificaron a opinión pública, impulsaron reformas no estado de dereito e exerceron unha influencia significativa na percepción política e social da muller.
Iso fixeron as mulleres e as nais, que hai corenta anos saían ás rúas para buscar solucións para os seus fillos drogodepentes e enfrontarse a quen fixera falta. 'Érguete. A pegada das nais' é unha mostra que acolle o Marco de Vigo para lembrar este movemento social.
Ata o mes de xuño podemos visitar esta mostra en que os arquivos e materiais da asociación se completan coa participación de 11 artistas contemporáneas que tamén achegan as súas obras. As comisarias son Violeta Janeiro e Mariña Carrasco.