Publicador de contidos

Publicador de contidos

Excarcerada unha persoa tras írselle da vía o seu vehículo en Santa Comba

Excarcerada unha persoa tras írselle da vía o seu vehículo en Santa Comba

Foi preciso quitar a porta do vehículo para rescatar o condutor, que posteriormente foi atendido polo persoal das urxencias sanitarias

G24.gal 16/03/2025 10:28

Unha persoa tivo que ser excarcerada polos bombeiros tras írselle da vía o seu vehículo en Santa Comba. O accidente tivo lugar ao redor das 21:00 horas do sábado, e foi un particular quen avisou o 112 Galicia de que un coche chocara contra unha glorieta na avenida de Santiago, o que deixou o condutor ferido e atrapado no interior do turismo.

O 112 Galicia indicou de que, con esta información, avisaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Santa Comba e a Garda Civil de Tráfico.

A dotación de bombeiros indicou que foi preciso quitar a porta do vehículo para rescatar o condutor, que posteriormente foi atendido polo persoal das urxencias sanitarias.

Unha persoa atrapada

Doutra banda, ao redor das 04:30 horas deste domingo, o 112 Galicia recibiu o aviso por mor dun accidente na rúa de San Xiao, en Almeiras, onde un coche quedou envorcado e co condutor no interior.

Ata o lugar desprazáronse a Policía Local e os Bombeiros de Arteixo, que empregaron o material de excarceración para liberar a vítima, único ocupante do turismo. Logo foi atendido polo persoal sanitario que se mobilizou ata o punto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade