Cargando resultados...
Espeta o coche contra un muro en Lugo cando fuxía da Policía
Tras o impacto, o condutor escapou a pé

G24.gal
14/03/2025 12:10
Un mozo espetou o coche contra un muro en Lugo cando fuxía da Policía. Tras o impacto, o condutor escapou a pé. Non ía só no coche, e o seu acompañante tratou de facer o mesmo, pero foi retido polos axentes. Perseguíaos a Policia tras velos saír dun cruce a gran velocidade e derrapando. Nun xiro, o condutor perdeu o control do vehículo e acabou chocando contra o muro. O vehículo levaba no cristal posterior o L de condutor novel.
O accidente foi nunha avenida con moito tráfico, nun dos accesos ao centro comercial.