Un mozo de 21 anos salva a vida tras sufrir unha aparatosa saída de vía no Rosal
Voou por encima da beirarrúa, varreu varios contedores de lixo, derrubou o muro dunha leira e acabou encaixado nunha casa
O mozo de 21 anos, que viaxaba só, logrou saír do turismo coa axuda dalgún veciño e, a pesar do aparatoso accidente, tan só presentaba golpes e algún corte

Pouco antes da media noite o turismo que pilotaba o mozo, un BMW, saíu pola marxe esquerda da calzada nun tramo curvo da PO-552 ao seu paso polo Rosal en dirección A Guarda.
Voou por encima da beirarrúa, varreu varios contedores de lixo, derrubou o muro dunha leira e acabou encaixado nunha casa. Ata o lugar desprazáronse varias dotacións de Garda Civil de tráfico, Protección Civil, mantemento e numerosos veciños, que ante o enorme estrondo saíron á rúa para ver que pasaba. O mozo, de 21 anos, que viaxaba só, logrou saír do turismo coa axuda dalgún veciño e, a pesar do aparatoso accidente, tan só presentaba golpes e algún corte.