Morre un veciño do Valadouro de 89 anos e unha muller queda ferida leve nun accidente de tráfico en Alfoz
Morre un veciño do Valadouro de 89 anos e unha muller queda ferida leve nun accidente de tráfico en Alfoz
O accidente produciuse ás 17:41 deste domingo na estrada LU-160, Mondoñedo-Ferreira de Valadouro
.jpg)
Tráxico accidente de tráfico este domingo pola tarde. Ocorreu na estrada LU-160, á altura do quilómetro 17,850, no termo municipal de Alfoz, partido xudicial de Mondoñedo.
Un choque que circulaba ás 17:41 horas desta tarde de domingo pola estrada que vai de Mondoñedo a Ferreira do Valadouro foise fóra da vía pola marxe dereita, caeu por un pequeno desnivel e acabou nunha leira, segundo informa a Garda Civil.
A consecuencia do accidente morreu o condutor de vehículo e quedou ferida leve a muller que viaxaba de acompañante no outro asento dianteiro do vehículo.
A vítima mortal é un veciño do Valadouro de 89 anos.
Ata o lugar do accidente desprazouse a Garda Civil e tamén os servicios de emerxencias sanitarias.